A illa de Santa Nada

Performance de laboratoro._

A illa de Santa Nada / The Island of Santa Nada

Feitos reais que se converten en mitos, lendas que se contan de boca en boca, soños que tornan pesadelos, lembranzas que mudan en utopías, todo encontra refuxio e fai fogar na illa de Santa Nada. Barcas que desaparecen e illas que non aparecen nos mapas van conformando unha nova xeografía mental na que o destino é a viaxe mesma. Nesta peza creada especifícamente para o festival ONDA, laboratoro utilizará poesía en movemento, ruptura e improvisación vocal, creación sonora en vivo, invención de instrumentos e pintura en vivo, para debuxar ese lugar xeográfico imaxinario que se nos escapa, que soñamos e tamén tememos. A viaxe, a necesidade da partida, o medo ao descoñecido, o encontro co que buscamos e non entendemos: a illa de Santa Nada é a illa de todos e ninguén.

Laboratoro son: Xelís de Toro, voz e movemento; Ed Briggs, música e creación de instrumentos; Jim Sanders, pintura ao vivo e escenografía. O escritor e performer galego Xelís de Toro colabora a miúdo co músico e artista Ed Briggs e o artista plástico Jim Sanders. Laboratoro é o nome utilizado normalmente para as colaboracións entre Xelís de Toro e Ed Briggs cun alto compoñente sonoro: música experimental, improvisación vocal e corporal e poesía. En ocasións, os tres artistas crean proxectos artísticos máis complexos co nome de boca2mouth, no que tamén poden participar outros artistas.

0 Comments

Deixa unha resposta