Distinto / Distante

Performance de RioLagares._

Con música de MisterChoco, proxeccións de Cé Tomé e textos mesturados de Xavier Queipo en varias linguas, Distinto/Distante imbrica as tres disciplinas artísticas de xeito a arquitectar unha obra única que amalgama experiencias sonoras, visuais e auditivas. Así a lectura dos textos introduce a diversidade de linguas como paradigma do lugar que os artistas ocupan no tempo e no espazo, o que ven magnificado polas moitas imaxes recollidas a partir de detalles de graffitis en varios países de Europa, ao que se suma a experiencia auditiva de textos recollidos en vinilo de varios escritores francófonos con músicas dos catro cantos do mundo.

RioLagares (MisterChoco e Xavier Queipo) creouse nos anos noventa e ten realizado performances que mesturan a música cos textos e as imaxes. Entre as súas performances destacan Unha noite con Carpentier, textos de Alejo Carpentier e Xavier Queipo e música de MisterChoco (2000, Pontevedra e 2004, Vigo); StreetArt (Festival Intraliteratuur, Bruxelas, 2009), O embigo do mundo, imaxes de Cé Tomé, textos de Xavier Queipo e música de MisterChoco (2011, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela, e Museo do Mar de Galicia, Vigo); A habitación de Ames, imaxes de Cé Tomé, textos de Xavier Queipo e música de MisterChoco (2014, La Caja, Vigo); Descoñecido, textos de Xavier Queipo e música de MisterChoco (2015, La Caja, Vigo).

0 Comments

Deixa unha resposta