Hi-Fi:Wi-Fi

Música electrónica por MisterChoco._

Presentación do proxecto musical Hi-Fi:Wi-Fi, electrónica orgánica composta en Bélxica e producida nas Rías Baixas, a cargo do seu creador MisterChoco.

Nado en Galicia, actualmente reside en Bruxelas (Bélxica), Cé Tomé é DJ e produtor musical dende 1982, actividade que ten desenvolvido en diversos países europeos baixo diferentes pseudónimos, como Doc Manhattan ou Misterchoco. Fundador do selo RíoLagares, Tomé comeza a compatibilizar en 1986 a música co deseño gráfico, a colaxe e a fotografía. Neste momento é socio do estudio fotográfico belga Twin pics e do colectivo Latente de Vigo.