IALMA, da tradición á mestizaxe._
IALMA son: Veronica Codesal, Natalia Codesal, Eva Fernández, Marisol Palomo, con Quentin Dujardin e Simon Gielen.
Ademais dun proxecto artistico, Camiño ten unha misión de cidadanía de plena actualidade, que fala ao público de todas as idades. A través de Camiño, IALMA conta o exilio dos seus pais e avós en Bélxica, fuxindo da ditadura de Franco e buscando un país de acollida onde sería posible ofrecer un futuro mellor para os seus fillos. Con este proxecto IALMA convídanos a unha experiencia musical inédita: a mestura da pegada da cultura e tradicións galegas coa variedade do mundo actual. O seu percorrido musical, enchoupado da herdanza galega que corre polas súas veas, é vivido aquí non como unha morriñenta saudade do País, senón como a expresión dunha identidade aberta da cidade que as viu nacer a todas elas: a Bruxelas cosmopolita, rica na súa multiculturidade e encrucillada de camiños do mundo, na que as raíces se atopan, cambian, comparten, mesturan e, por veces, fusiónanse. Camiño é a escolla manifesta de abertura ós máis; a cantiga de mulleres de hoxe, testemuñas dunha situación anguriante na que, por todo o lado, mallan no respecto, na tolerancia e mais na expresión das diferenzas. Fieis á súa visión, as composicións foron influenciadas pola música tradicional galega como “cantareiras” das recolleitas que fixeron de avóas nas aldeas de Galicia, e traballaron os arranxos con Quentin Dujardin -na dirección artística- e Didier Laloy, fiel a IALMA desde os seus inicios fai xa casi 20 anos. Os textos foron co-escritos, con base no seu historial familiar, por IALMA e o seu gran amigo-irmán galego Brais Fernandes, de Santiago. Camiño resulta, polo tanto, nunha dinamica forte, non só chea de emoción e nostalxia, senón tamén de combate e confianza no futuro con alegría e liberdade…
IALMA. Aínda que residentes en Bruxelas, Eva, Marisol, Natalia e Verónica están en conexión constante e vital coa súa terra de orixe: Galicia. A cultura e as tradicións galegas son logo os seus inesgotables gurgullos que lle permitiron construír ós poucos un repertorio de cantos e bailes coa pegada das súas raíces, mais adaptadas á súa nova realidade: a das mulleres de hoxe en contacto con diferentes culturas, diferentes linguas, diferentes estéticas. IALMA é testemuña desta evolución musical e artística que comezou na tradición oral galega e aventurouse cara unha mestizaxe sorprendente cunha nova xeración de ritmos e tendencias. “Descubrirmos novas culturas musicais permítenos enriquecernos e coñecernos mellor,” é a mellor maneira de definir a evolución que fixo o grupo, contribuíndo así a perpetuar, renovar e facer evolucionar este tipo de música.