ONDA (Observatorio da Nova Diáspora) proponse estudar, localizar, recoller e mostrar a produción artística e intelectual dos galegos e galegas no exterior, pondo ao seu dispor un espazo destinado a acoller as súas propostas culturais con carácter permanente.

O primeiro acto de ONDA consistiu nun encontro organizado por Pepe Sendón e patrocinado pola concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago, que se celebrou no Centro Cívico Romaño – Vista Alegre os días 20, 21 e 22 de xullo de 2018.

Os materiais documentais producidos polas actividades de ONDA serán publicados neste sitio web -onda.gal- e estarán tamén depositados na biblioteca do Centro Cívico Romaño – Vista Alegre.

Contacto: onda@onda.gal